A libraría Aira das letras abre tamén un clube de lectura en inglés, participan dos actos do 8 de marzo en Allariz e presentan o novo libro de Antón Reixa. Alvarella organiza un curso de fotografía na natureza e Xerais preséntanos as últimas novidades
A libraría Aira das Letras, de Allariz, comeza unha nova actividade: o seu clube de lectura en inglés. Para pólo en funcionamento contan con Stephen Fallows, inglés-neozelandés residente en Allariz, e con el falarán unha vez por semana para debater, en inglés, sobre os libros propostos. A actividade ten un prezo de 5€ por persoa e hora, e as persoas que soliciten información sobre esta actividade a Aira das letras participarán no sorteo dun mes de balde para unha persoa no clube de lectura.
Ademais, o pasado venres tivo lugar na libraría un encontro coas mulleres de Allariz sobre o 8 de marzo.
E por último, Aira das Letras presentará o próximo 9 de marzo o novo libro de Antón Reixa, Leccións de cousas. O acto terá lugar no Fogar dos Maiores de Allariz ás 20.30 horas, coa presentación de Miguel Anxo Fernández. Tedes máis información aquí: http://airadasletras.com/central/110515wp/2012/02/anton-reixa-presentara-o-seu-libro-leccions-de-cousas/.
Desde Alvarella chéganos a información de que organizan un curso de iniciación á fotografía na natureza para os próximos 16-18 de marzo. O prezo é de 75 €/persoa, con xantar de sábado e domingo incluídos, e de 95 €/persoa con aloxamento e pensión completa de venres a domingo. Tedes máis información na páxina de Alvarella: www.alvarella.com.
Edicións Xerais envíanos información das súas últimas novidades:
– Dark Butterfly, de Rexina Veiga