As novidades desta semana de Abertos ao Galego

Esta semana, ademais do acto de entrega do premio Abertos ao Galego e do noso catálogo de agasallos de Nadal, chegan novidades de Demo Editorial, Edicións Xerais, Nanube, a libraría Aira das Letras de Allariz, a Granxa O Cancelo e a libraría Pedreira

– o mércores 19 de decembro entrégase o premio Abertos ao Galego á empresa Tuenti, nun acto en Pontevedra no que tamén se entregará o premio Via Galego.

 

– xa podedes descargar o catálogo coas propostas de agasallo de Abertos ao Galego: http://issuu.com/davidlages/docs/catalogo_nadal_final?mode=window&backgroundColor=%23222222

 

Demo Editorial presenta no Pub Dublín o venres 14 de decembro ás 20 horas A Torre dos Mouros, coa presenza de Manuel Gago, xornalista e historiador, Antón Malde, arqueólogo e Manel Cráneo, autor e editor. Exporanse orixinais do cómic.

 

Edicións Xerais envía información das últimas novidades do ano 2012 que Xerais enviou ás librarías: da Colección Grandes Obras Abecedario das Mantenzas de Fausto Galdo; da Colección Narrativa Todo Ok, de Diego Ameixeiras e A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.

 

Nanube, empresa de arquitectura de interiores de Santiago de Compostela, estrea páxina web: www.nanube.com.

 

– desde a libraría Aira das Letras de Allariz chegan dúas noticias. Por unha banda súmanse súmase ao Club Kiriko, un clube de lectura creado por iniciativa da asociación de libreiros de todo o estado (CEGAL), coa idea de fomentar a lectura entre nenos e mozos, propor desde as librarías libros de calidade e contribuír á formación da biblioteca familiar. Nesta ligazón podedes informarvos de como inscribir aos vosos fillos: http://www.clubkirico.com/

 

Tamén informan de que organizan a presentación do libro de José Estévez, Fugaz Coincidencia, na Fundación Vicente Risco o sábado 15 ás 19.30

 

– A Granxa O Cancelo ten desde esta semana un novo punto de venda do seu leite fresco en Oleiros. Concretamente en Perillo, na froitaría El Plantío, na rúa Etiopía (enfronte do centro de saúde).

 

– A libraría Pedreira, de Santiago de Compostela, acolle a presentación do libro Donas do Segredo, de Xan G. Muras. Será o xoves 20 de decembro ás 20.00, e no acto participarán Pilar García Negro, Ana Castaño e Xan G. Muras. As persoas que asistan ao acto recibirán como agasallo unha lámina para enmarcar, e quen compre o libro recibirá como agasallo unha colección de 6 pousavasos.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra