Noticias Noticias da Mesa

Etiquetaxe de GADIS en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística quere manifestar o seu contento pola contestación en redes de GADIS a un usuario que preguntaba pola etiquetaxe en galego, ao que a cadea de supermercados respondía “que pronto terían novas”.

Queremos lembrar que en novembro do pasado ano, A Mesa mantivo conversas coa equipa de marketing de GADIS para facer realidade a etiquetaxe dos seus produtos en lingua galega. Unhas conversas que veñen das queixas recollidas a través da Liña do Galego e que concluíron no compromiso por parte de GADIS de mudar a situación para comezar a etiquetar todos os seus produtos en galego.

No último informe da Liña, o maior número de queixas dirixidas a empresas, nas que se aglutinan vulneracións de dereitos lingüísticos, van dirixidas maiormente cara supermercados por non rotular ou non etiquetar os seus produtos en galego.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, sinala como esencial que a atención prestada tamén sexa en galego. “É de sentido común que calquera persoa se poida expresar na súa lingua propia no seu propio país, e máis se se tratar dunha lingua oficial como o galego. Porén, en Galiza, isto non está tan claro. Podemos utilizar o galego sempre, mais non sempre recibiremos a atención debida en igualdade de condicións que de falarmos outra lingua, o que é claramente discriminatorio” destacou.

Maceira apuntou que “se garantimos o dereito a termos atención en galego en calquera lugar, tamén estamos garantindo o mantemento de postos de traballo na nosa terra“.

Avalancha nas redes
Estas denuncias tamén tomaron forma nas redes, onde centos de usuarios e usuarias denunciaron a través das súas contas persoais que querían que, empresas como GADIS, etiquetasen en galego.

Un fío de chíos no que GADIS participou anunciando que “terán novas”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis