Noticias da Mesa

A Mesa estará presente no Festigal 2016

O 25 de xullo, de 15 a 21 h, temos unha cita en Compostela

Un ano máis A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente no Festigal a tarde do 25 de xullo.

Entre as 15 e 21 horas, poderedes achegarvos ao posto da Mesa na carpa de Asociacións e organizacións para compartir ideas e inquedanzas, coñecer a nosa actividade e campañas, facervos soci@s ou mercar material (como o libro-CD A voz do vento, con poemas de Manuel María, ilustracións de Jano e música de Fran Amil).

Alén diso, este ano tamén estaremos presentes no Café Concerto, onde ás 21 h actuará Fran Amil e a tribo incomprensíbel con A voz do vento,  traballo editado pola Mesa. Música en clave de rock, funk, folk e blues de poemas de Manuel María.

Agardámosvos!

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis