Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Sandra Villa García · 8225
    Hai 2 anos
  2. Eva Paramo Bouzada · 8224
    Hai 2 anos · Desempregada · Vilagarcía de Arousa
  3. Beatriz Estevez Lorenzo · 8223
    Hai 2 anos · Mestra · Santiago
  4. Xesús Bermello · 8222
    Hai 2 anos · Profesor e sindicalista · A CORUÑA
  5. Leticia Quintás Pérez · 8221
    Hai 2 anos · Profesora · A Coruña
  6. Duarte Correa Piñeiro · 8220
    Hai 2 anos · Profesor · Cambados
  7. Diego González Domínguez · 8219
    Hai 2 anos · Policía Portuario · Vigo
  8. Abel Vale López · 8218
    Hai 2 anos · Mestre · Viveiro
  9. Raquel Abraira Sobrado · 8217
    Hai 2 anos · Pasteleira · Meira
  10. Duarte Salvado Rubio · 8216
    Hai 2 anos · Estudante universitario · Santiago de Compostela
  11. Carlos Mèixome Quinteiro · 8215
    Hai 2 anos · Profesor xubilado · Gondomar
  12. María Luísa Alonso González · 8214
    Hai 2 anos · Empregada · Mos
  13. María José Louzao Martínez · 8213
    Hai 2 anos · Médica · Marín
  14. JOSÉ MANUEL LÓPEZ LORENZO · 8212
    Hai 2 anos · Avogado · Ourense
  15. Marcos Sánchez Rodríguez · 8211
    Hai 2 anos · Bombero · Chantada

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra