O Ministerio para a Transición Ecolóxica prioriza o desprezo polo galego ao aforro enerxético

O Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía do goberno español exíxelle ao Concello de San Xoán de Río (en Ourense) que traduza ao castelán a documentación presentada para optar a unha subvención, tal e como xa fixera o 2016 con Teo, Compostela e Santa Comba A entidade en defensa da lingua denunciará […]

O Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía do goberno español exíxelle ao Concello de San Xoán de Río (en Ourense) que traduza ao castelán a documentación presentada para optar a unha subvención, tal e como xa fixera o 2016 con Teo, Compostela e Santa Comba

A entidade en defensa da lingua denunciará perante o Consello de Europa a vulneración reiterada da Carta Europea das Linguas por parte do goberno español e pide o posicionamento claro e rotundo do presidente da Xunta, “defendendo a dignidade colectiva do pobo galego e o dereito a usar a nosa lingua”

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2020.- O Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) do goberno español exíxelle ao Concello de San Xoán de Río -na comarca de Terra de Trives- que traduza ao castelán parte da documentación oficial presentada se quere ter opcións de recibir unha subvención para renovar o alumeado municipal por luces led de baixo consumo, priorizando o seu desprezo polo galego ao aforro enerxético. Este desprezo chega até o punto de que o organismo -adscrito ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico- lles pide aos responsables municipais que muden o topónimo oficial de San Xoán de Río e Ourense polas formas deturpadas San Juan de Río e Orense.

O escrito que o IDAE quere recibir traducido é a certificación do acordo plenario exixida para optar ao programa de axudas para a renovación das instalacións do alumeado exterior municipal. Porén, segundo declarou a Nós Diario o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua: “O pleno faise en galego e así llo trasladamos ao IDAE”. Segundo recolle o xornal galego e confirmou a Liña do Galego, o Goberno local e a secretaria do Concello teñen previsto estudar hoxe mesmo a solicitude de rectificación do IDAE para manter as súas opcións de acceder a perto de 900.000 euros en axudas para a remuda do alumeado actual.

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciará perante o Consello de Europa a vulneración reiterada da Carta Europea das Linguas por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica. “Non é a primeira vez que o IDAE deixa ‘sen luz’ miles de veciñas porque a Administración local usa a súa lingua oficial”, recorda o presidente da entidade de defensa da lingua, Marcos Maceira. Sucedeu en 2016. Negoulles unha axuda aos Concellos de Teo, Compostela e Santa Comba ao incluíren un documento da solicitude en galego. “O Goberno ten que actuar e eliminar as persoas galegófobas da Administración, ademais de condenar un xesto de desprezo, coacción e chantaxe”, di o presidente da Mesa, que pide que o presidente da Xunta se posicione clara e rotundamente na defensa da “dignidade colectiva do pobo galego e o dereito a usar a nosa lingua, tamén na administración municipal”.

A Mesa inicia o ano animando ao uso do galego no comercio

Abertos ao galego conta cunha aplicación para xeolocalizar e valorar os establecementos que utilizan a nosa lingua, distinguíndoos tamén cun sinal identificativo e animando á cidadanía a consumir neles A entidade de defensa da lingua ofrece, tamén, a todas as empresas 5 motivos para usar o galego e 18 pautas para conseguilo con éxito Santiago […]

Abertos ao galego conta cunha aplicación para xeolocalizar e valorar os establecementos que utilizan a nosa lingua, distinguíndoos tamén cun sinal identificativo e animando á cidadanía a consumir neles

A entidade de defensa da lingua ofrece, tamén, a todas as empresas 5 motivos para usar o galego e 18 pautas para conseguilo con éxito

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020.- A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá en Compostela a campaña de difusión do proxecto Abertos ao galego, que conta cunha aplicación para xeolocalizar e para valorar os establecementos que utilizan o galego e que este 2020 distribuirá entre os máis de 600 comercios referenciados un sinal identificativo co texto Aquí usamos o galego. A entidade anima a cidadanía a apoiar as empresas que empregan a nosa lingua e anuncia que distribuirá entre os comercios materiais informativos con 5 motivos para usar o galego e 18 pautas para conseguilo con éxito.

Marcos Maceira, presidente da Mesa, asegurou na presentación da campaña que na entidade de defensa da lingua “somos conscientes das dificuldades coas que se encontra o empresariado á hora de utilizar o galego con toda normalidade” e abundou que os problemas van “desde a inexistencia de programas informáticos até os limites legais”. A este respecto, Maceira sinalou que “entre as 500 disposición legais que no Estado obrigan ao uso do castelán, a metade refírense ao ámbito do comercio e consumo”. “O empresariado que utiliza o galego”, afirmou, “dá mostras de compromiso co país e coas persoas consumidoras, sen ningún apoio institucional e cunha Xunta que se abstén de cumprir as súas obrigas de promoción do idioma, o que inclúe facilitar o seu uso ao empresariado”. “O plan de uso do galego no ámbito socioecoómico”, asegurou, “morreu o mesmo día que se anunciou”. “Por iso”, rematou Maceira, “son entidades sociais como A Mesa quen asumen as responsabilidades da Xunta, con toda modestia de recursos mais tamén con toda a dignidade”.

Celia Armas, directora de Abertos ao Galego, afirmou que “como persoas consumidoras tamén temos a responsabilidade de apoiar quen si cumpre coa lingua” e recordou que “hai dificuldades que sen o apoio da administración pública son moi difíciles de superar, mais tamén hai moitos outras que son posíbeis de traspasar axudándonos entre nós”. “Ese é o espírito de Abertos ao Galego“, concluiu.

A aplicación Abertos ao galego presentouse a finais de 2018 e xa conta con máis de 600 estabelecemento de toda Galiza referenciados. A App permite localizar as empresas que utilizan o galego por sectores e valorar o uso da lingua para que as persoas responsables poidan introducir melloras. “O obxectivo fundamental”, segundo recordou Armas, “é facilitar e priorizar a utilización destes estabelecementos”.

Para abundar neste obxectivo, A Mesa distribuirá polas cidades e vilas de Galicia tamén material informativo sobre “5 motivos para usar o galego”, como diferenciarse da competencia e xerar cota de mercado, e mais “18 pautas para facelo con éxito”, como contar co compromiso transversal de todo o equipo. A entidade ofrece, tamén, toda a axuda e experiencia como colectivo social con 34 anos de experiencia e a primeira en desenvolver accións deste tipo entre o empresariado.

Acto na Coruña. Liberdade para o galego? Presente e futuro da lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto público na Coruña para debater sobre o presente e o futuro da lingua galega. No acto detallaranse os datos recentes do Instituto Galego de Estatística nos que se constata a dificultade que existe en Galiza para poder vivir libremente en galego ou onde se confirma que a […]

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto público na Coruña para debater sobre o presente e o futuro da lingua galega. No acto detallaranse os datos recentes do Instituto Galego de Estatística nos que se constata a dificultade que existe en Galiza para poder vivir libremente en galego ou onde se confirma que a lingua propia ten cada vez menos uso entre a mocidade.

O acto decorrerá o vindeiro 22 de xaneiro, ás 20:00h no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, nº 16, 1º. A Coruña)

Contaremos coa participación de María Xosé Bravo, presidenta da A.C. Alexandre Bóveda, Xela Armas, directora de Abertos ao Galego e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

 

A Mesa exíxelle ao conselleiro Jesús Vázquez Almuíña que o Sergas respecte os dereitos lingüísticos da cidadanía galega

Unha muller viguesa denuncia a través da Liña do Galego que unha pediatra de urxencias do Álvaro Cunqueiro lle pediu de moi malas maneiras tanto a ela como ao seu fillo que lle falasen en castelán, “porque ela non é galega” Vigo, 15 de xaneiro de 2020.- Unha muller viguesa denunciou a través da Liña […]

Unha muller viguesa denuncia a través da Liña do Galego que unha pediatra de urxencias do Álvaro Cunqueiro lle pediu de moi malas maneiras tanto a ela como ao seu fillo que lle falasen en castelán, “porque ela non é galega”

Vigo, 15 de xaneiro de 2020.- Unha muller viguesa denunciou a través da Liña do Galego o maltrato recibido por ela e mais polo seu fillo o pasado día 10 de xaneiro, no servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro, cando unha pediatra lles esixiu “de moi malas maneiras” que se dirixisen a ela en castelán, “porque ela non é galega”. “O neno tiña 39 e medio de febre e un posíbel cadro de apendicite”, explica a muller, “mais a pediatra pedíalle constantemente que lle repetise onde sentía dor, xa que se expresaba na súa lingua habitual, que é o galego”. Finalmente, a nai tivo que facer de tradutora e repetirlle á facultativa en castelán todo o que dicía o neno. A Mesa pola Normalización Lingüística exíxelle ao conselleiro Jesús Vázquez Almuíña que o servizo galego de saúde, do que é responsábel, respecte os dereitos lingüísticos da cidadanía galega e mude todo o preciso para que nunca máis se produzan este tipo de situacións. A entidade de defensa da lingua presentou, tamén, queixas por esta mesma situación ante a Valedora do Pobo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Elsa Quintas, directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, recórdalle por escrito ao conselleiro Vázquez Almuíña que o Estatuto de Autonomía de Galiza dispón no seu artigo 5 que “a lingua propia de Galiza é o galego” e que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciaran o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa. Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, indica no seu artigo 4.1 que o galego é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma e da súa Administración; e o artigo 6.3 do devandito texto legal insta os poderes públicos de Galiza a promoveren o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns. Quintas solicítalle a Vázquez Almuíña que realice as oportunas pesquisas sobre o grao de incumprimento do emprego do galego nos documentos da Consellaría de Sanidade e do Sergas e o resto de ordenamento legal vixente en materia de normalización lingüística por parte do Sergas.

A Liña do Galego
É un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara á garantía do dereito a vivir en galego. Desde xullo do ano 2016, a Mesa puxo en marcha a app A Liña do Galego; o obxectivo desta aplicación é proporcionar ás usuarias e usuarios unha nova forma de comunicación que permita o envío de queixas e parabéns dunha forma sinxela, rápida, segura e cómoda.

O pasado ano, 2018, a Liña do Galego tramitou 303 queixas, das que un 12% estaban relacionadas co Servizo Galego de Saúde. Desde a entidade de defensa da lingua saliéntase que “a administración autonómica con funcións e competencias para garantir estes  dereitos non só abdica da súa responsabilidade, senón que é a primeira en incumprir as súas propias normas en relación ao galego”. “A Liña do Galego só recolle unha mínima parte das discriminacións e vulneracións de dereitos que acontecen todos os días e que en moitos dos ámbitos son sistemáticas”, lamenta Quintas. “Este dato é máis unha evidencia dos pasos atrás que o goberno da Xunta está a dar nos últimos anos en relación ao impulso do uso do galego na administración e no respecto aos dereitos lingüísticos da cidadanía. Quen máis debería facer cumprir a lexislación que protexe e respecta o galego, é precisamente quen máis a incumpre e vulnera”, lamenta.

Tanto o Consello de Europa como o relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos das Nacións Unidas teñen recollido nos seus últimos informes que o goberno galego ten a obriga de solventar as dificultades da cidadanía galega para expresarse na súa lingua nun ámbito tan importante como é o da saúde.

Quiroga celebra o Nadal en galego coa Mesa

O pasado  4 de xaneiro a sección da Mesa en Monforte organizou un espectáculo infantil amenizado por Un paxe en Apuros. Aquí vos deixamos unha mostra de imaxes do acto:                   Nadal en Quiroga (568 kB)Nadal en Quiroga (568 kB)Nadal en Quiroga (877 kB)

O pasado  4 de xaneiro a sección da Mesa en Monforte organizou un espectáculo infantil amenizado por Un paxe en Apuros.

Aquí vos deixamos unha mostra de imaxes do acto:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Felices Festas!

Desde a Mesa pola Normalización Lingüística queremos enviarvos os mellores desexos e que desfrutedes dun bo Nadal e dunhas felices festas. Tamén vos desexamos un venturoso ano 2020.

Desde a Mesa pola Normalización Lingüística queremos enviarvos os mellores desexos e que desfrutedes dun bo Nadal e dunhas felices festas. Tamén vos desexamos un venturoso ano 2020.

Lotaría de Nadal: 000122 número de serie premiado no sorteo da Mesa

Realizouse  no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas na Budiño de Serraseca Turismo Rural entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación. A portadora ou portador do recibo cuxo número de serie remata en 000122 debe pórse en contacto co Local Nacional da Mesa […]

Realizouse  no local da Mesa o sorteo dunha noite para dúas persoas na Budiño de Serraseca Turismo Rural entre todos aqueles que nos axudastes mercando participacións da Lotaría de Nadal da nosa asociación.

A portadora ou portador do recibo cuxo número de serie remata en 000122 debe pórse en contacto co Local Nacional da Mesa no tel.  981 563 885 ou no correo-e amesa@amesa.gal para canxear o premio, que consiste nunha noite para dúas persoas con almorzo incluído, en temporada baixa, en Budiño de Serraseca Turismo Rural, emprazada no concello de Oia. É un estabelecemento adherido á rede de empresas Abertos ao Galego.

A sociedade galega esixe na rúa que a Xunta actúe perante a situación de “emerxencia lingüística” e cumpra coas demandas do Consello de Europa

A sociedade galega esixiu esta tarde de intensa choiva e vento, nas concentracións organizadas nas sete cidades galegas pola plataforma cidadá Queremos Galego, “que a Xunta cumpra coas demandas realizadas polo Consello de Europa” e actúe perante a  situación “de emerxencia lingüística” que amosan datos como os recentemente publicados polo IGE. “Este é o terceiro […]

A sociedade galega esixiu esta tarde de intensa choiva e vento, nas concentracións organizadas nas sete cidades galegas pola plataforma cidadá Queremos Galego, “que a Xunta cumpra coas demandas realizadas polo Consello de Europa” e actúe perante a  situación “de emerxencia lingüística” que amosan datos como os recentemente publicados polo IGE.

“Este é o terceiro informe negativo do Consello de Europa”, recordaron os representantes de Queremos Galego nas súas intervencións nas distintas cidades, “mais é a primeira vez que o Comité de Ministros menciona claramente Galiza e insta á “eliminar todos os obstáculos para o ensino en galego en Galiza”, o que implica a derrogación “inmediata” do decreto de plurlingüísmo”. A Carta europea das linguas é un tratado internacional e “Feixó e o goberno español deben cumprir estas reclamacións e rectificar, xa que non facelo é situarse cos gobernos de extrema dereita en Europa como Polonia e Hungría”, salientaron simultaneamente Marcos Maceira en Compostela, Celia Armas na Coruña, Manuel Rei en Ferrol, Luís Neto en Lugo, Xosé Manuel Alonso Noceda en Ourense, Sabela Bará en Pontevedra e Marta Dacosta en Vigo.

Este pronunciamento do Comité de Ministros do Consello de Europa, como organismo que garante a democracia e os dereitos humanos en Europa (e , dentro deles, os lingüísticos) é “froito de 10 anos de mobilización social, da documentación de casos de discriminación lingüística e da acción internacional das entidades de defensa da lingua”, aseguraron os representantes de Queremos Galego, ao tempo que advertían que “a acción de denuncia internacional continuará ao longo dos próximos meses, con visitas previstas a Estrasburgo, Bruxelas e Xenebra”. Finalmente, a plataforma cidadá anunciou que solicitará entrevistas con altos responsábeis do Estado, “para fixar prazos de execución das recomendacións do Consello de Europa”. “Queremos que o BOE deixe de atacar o dereito a vivirmos en galego”, concluíron.

Os encargados de ler o manifesto, titulado Emerxencia lingüística. Precisamos do galego (dispoñíbel aquí), foron representantes do estudantado de Medicina, en Compostela; Manuel Rivas, na Coruña; Manuel Rei, en Ferrol; Marica Campo, en Lugo; Xosé Lois “O Carrabouxo”, en Ourense; Quico Dasilva, en Pontevedra; e Pepe Carreiro, en Vigo.

O manifesto afirma    que “a emerxencia lingüística en Galiza ten solución”, que “precisamos do galego para activar todas as nosas capacidades como pobo”, mais tamén “o compromiso real e efectivo dos governos, a comezar por quen está obrigado legal e moralmente, o noso: o da Xunta”. Queremos Galego fai súas as recomendacións para acción inmediata sinaladas polo Comité de expertos da Carta europea de linguas rexionais e minorizadas e do Comité de ministros do Consello de Europa:
a. Eliminar as limitacións á docencia en galego en todos os niveis de educación axeitados.
b. Modificar a Lei orgánica do poder xudicial para garantir o uso do galego nos procedementos xudiciais por petición dunha das partes.
c. Usar o galego na administración do Estado en Galiza.
E recorda que son recomendacións “de cumprimento obrigado” que se produciron “pola mobilización social en Galiza”. “Esta loita é longa máis temos que continuala”, asegura o manifesto. “O galego seguirá vivo mentres fagamos que exista! Queremos Galiza, Queremos galego!” remata.

Trasladámoslle a Europa as declaracións de Feixó descualificando o informe do comité de expertos e as resolucións do Consello de Ministros

A Mesa pola Normalización Lingüística trasladoulle á Secretaría da Carta de Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa as declaracións á imprensa do Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixó, e mais do Secretario Xeral e Politica Lingüística, Valentín García, desprezando o traballo do Comité de expertos e a resolución do Comité de […]

A Mesa pola Normalización Lingüística trasladoulle á Secretaría da Carta de Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa as declaracións á imprensa do Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixó, e mais do Secretario Xeral e Politica Lingüística, Valentín García, desprezando o traballo do Comité de expertos e a resolución do Comité de Ministros do Consello de Europa. “Lonxe de informar e realizar os esforzos necesarios para atender as súas recomendacións”, advirte Marcos Maceira, presidente da Mesa, na súa misiva ao Consello de Europa, “o Presidente da Xunta e altos representantes do seu goberno optaron por desprezar, descualificar e manipular en público o contido do informe do Comité de expertos e da resolución do Comité de Ministros”.

Para Maceira, as declaracións emitidas os pasados días por representantes de primeiro nivel do goberno galego manifestan “un forte desprezo pola Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias, polo Comité de expertos e polo Comité de Ministros” e faltan á verdade, xa que no proceso de monitorización foron atendidas tanto as opinións de organizacións como a propia Mesa, que entregou un amplo e documentado informe, como as de institucións académicas ou as da propia Xunta de Galiza, a través do Secretario Xeral de Política Lingüística. Ademais, recorda o presidente da Mesa, a opinión do goberno autónomo foi incluída no informe emitido polo Estado español. “Pensamos que desprestixiar os procedementos de monitorización da Carta”, remata Maceira, “o Comité de expertos independentes ou organizacións internacionais para a promoción dos dereitos humanos, a democracia e a lei como o Consello de Europa, non son admisíbeis de ningún punto de vista, e que atentan con moita claridade contra o artigo 6 da Carta”.

Por todo isto, A Mesa solicítalle á Secretaría da Carta de Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa que inste á Xunta de Galiza a que rectifique as declaracións cuestionando o traballo do Comité de expertos, informando ao goberno galego do compromiso adquirido polo Estado español en relación a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas e recordándolle que entre os obxectivos do Consello de Europa están a promoción dos dereitos humanos e a democracia.

 

MOBILIZACIÓNS PARA RECLAMAR QUE SE CUMPRAN AS DEMANDAS DE EUROPA

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 entidades, chama a cidadanía galega a mobilizarse nas sete cidades galegas esta quinta feira (xoves) 19 de decembro, ás 20h, “en resposta á situación de emerxencia lingüística que amosan con claridade datos como os do IGE” e para “reclamar que a Xunta cumpra coas demandas realizadas polo Consello de Europa”. O lema da convocatoria será Emerxencia lingüística. Precisamos do galego, e terá lugar nas 7 cidades galegas simultaneamente. En Santiago, na Praza do Toural; na Coruña, no Obelisco; en Ferrol, na Praza Amada García (diante da delegación da Xunta); en Lugo e en Ourense, na Praza Maior; en Pontevedra, na Praza da Peregrina; e en Vigo; na Praza da Princesa.

A plataforma lembra que o informe dos expertos non só afecta á Xunta. O Estado ten que garantir o cumprimento da Carta que el mesmo ratificou, nomeadamente nos ámbitos que son da súa competencia. Neste sentido, a entidade recorda que as dificudades de uso do galego na xustiza ou na administración xeral do Estado deben ser resoltas, comezando por garantir o coñecemento de galego de todo o funcionariado estatal destinado en Galiza.

“A situación é de emerxencia e o galego é necesario para o desenvolvemento cultural, social, económico e humano de Galiza”, recordan: “Precisamos do galego para Galiza existir “.

Carta secretariado CERLM

Queremos Galego sae á rúa perante a situación de emerxencia lingüística para exixir que a Xunta e o Estado cumpran coas demandas do Consello de Europa

A plataforma cidadá, composta por máis de 600 entidades, convoca concentracións a quinta feira (xoves) 19 de decembro ás 20h en Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo Compostela, 13 de decembro de 2019.- A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 entidades, chama a cidadanía galega a mobilizarse nas sete cidades […]

A plataforma cidadá, composta por máis de 600 entidades, convoca concentracións a quinta feira (xoves) 19 de decembro ás 20h en Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Ourense e Lugo

Compostela, 13 de decembro de 2019.- A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 entidades, chama a cidadanía galega a mobilizarse nas sete cidades galegas a quinta feira (xoves) 19 de decembro, ás 20h, “en resposta á situación de emerxencia lingüística que amosan con claridade datos como os do IGE” e para “reclamar que a Xunta cumpra coas demandas realizadas polo Consello de Europa”.

O lema da convocatoria será Emerxencia lingüística. Precisamos do galego, e terá lugar nas 7 cidades galegas simultaneamente. En Santiago, na Praza do Toural; na Coruña, no Obelisco; en Ferrol, na Praza Amada García (diante da delegación da Xunta); en Lugo e en Ourense, na Praza Maior; en Pontevedra, na Praza da Peregrina; e en Vigo; na Praza da Princesa.

“A evolución dos datos de uso e coñecemento do galego son alarmantes”, afirma o voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira. As taxas de incapacidade para falar galego entre a poboación menor de 15 anos son as máis altas da historia, consolídase a ruptura interxeracional e aumenta o número de persoas que se senten na obriga de mudar de lingua. “Perante esta situación, reiterada en inumerábeis ocasións pola plataforma Queremos Galego e confirmada polo Comité de expertos do Consello de Europa”, recorda Maceira, “a única política da Xunta é a agresividade e, segundo os expertos do Consello de Europa, incumprir a Carta e non realizar ningunha acción lexislativa ou política para o facer, nomeadamente no ámbito do ensino”.

“Se Feixó tivese un mínimo de respecto por Galiza e pola institución que representa”, asegura o voceiro de Queremos Galego, “xa tería derrogado hai anos o decreto contra o galego”. A resposta da sociedade galega continúa activa e de novo co respaldo da máis relevante institución internacional europea para a defensa da democracia e dos dereitos humanos, como é o Consello de Europa.

A plataforma lembra que o informe dos expertos non só afecta á Xunta. O Estado ten que garantir o cumprimento da Carta que el mesmo ratificou, nomeadamente nos ámbitos que son da súa competencia. Neste sentido, a entidade recorda que as dificudades de uso do galego na xustiza ou na administración xeral do Estado deben ser resoltas, comezando por garantir o coñecemento de galego de todo o funcionariado estatal destinado en Galiza.

“A situación é de emerxencia e o galego é necesario para o desenvolvemento cultural, social, económico e humano de Galiza”, recordan: “Precisamos do galego para Galiza existir “.

10 anos de Queremos Galego. A plataforma cidadá celebrou este ano o seu 10º aniversario publicando un  vídeo no que recorda que foi, precisamente, en 2009 cando se produciu a primeira e única manifestación en contra do galego e mais cando o goberno da Xunta comezou a lexislar contra o galego. A sociedade galega respostou cunha manifestación na que participaron 100.000 persoas, a maior mobilización a favor dunha lingua en Europa. Concentracións e manifestacións dentro e fóra do país, manifestos, recollidas de sinaturas, unha folga xeral do ensino e mesmo o traballo no xulgados, que frutificou nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anula os principais artigos do decretazo contra o galego. O vídeo resumo fai un percorrido pola primeira década de vida de Queremos galego recorda que “as cousas só cambian se nos mobilizamos, porque as reivindicacións compartidas sempre dan froitos”.

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis