As socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística da comarca de Bergantiños elixiron en asemblea cambiar a responsabilidade da zona.
Hadrián García (Carballo, 1995), historiador, docente e divulgador cultural. Foi escollido por unanimidade como o novo responsábel da zona, substituíndo a Xosé Cotelo que levaba dende hai anos asumindo esta responsabilidade.
“A parte da súa faceta como docente e divulgador, Hadrián representa parte do tecido asociativo e cultural” salienta Carlos Vieito, coordinador de zonas da Mesa. “É o clarinetista da banda «novo folk» De Ninghures e ademais é profesor de baile tradicional na Escola do Alpendre de Oza” apunta.
“Este é o resultado que nace do traballo de voluntariado pola lingua que se iniciou hai dous anos por todo o país e que se consagra na zona de Bergantiños cun grupo de persoas interesadas en traballar pola normalización lingüística da súa comarca”.