A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa de Bergantiños organiza un roteiro literario en Carballo con motivo do Día das Letras Galegas

Será esta segunda feira, 12 de maio, ás 18.00 h

 

Esta segunda feira, día 12, con motivo da proximidade do Día das Letras, A Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños organiza un “Roteiro polas rúas dedicadas a escritores galegos” en Carballo. Desde xeito a asociación pretende lembrar as nosas figuras literarias que dan nome a moitas das rúas da vila bergantiñá, tales como Castelao, Rosalía, Eduardo Blanco Amor, Ramón Cabanillas, Alfredo Brañas, Eduardo Pondal, Manuel María, etc… Para iso, distribuirán carteis divulgativos sobre as obras das escritoras e dos escritores nos comercios desas rúas.

 

O roteiro comezará ás 6 da tarde na Rúa Manuel María (fronte á estación de autobuses).

 

Desde a asociación en defensa da lingua tamén aproveitarán para distribuír cartaces das concentracións convocadas pola plataforma Queremos Galego para o 17 de maio, animando a cidadanía de Carballo a participar nos actos en defensa da lingua que a plataforma organiza na mañá do sábado 17 de maio nas sete cidades galegas e mais en Foz. Concretamente, a comarca de Bergantiños está chamada a participar nos actos que Queremos Galego organiza na Coruña este 17M, que comezarán ás 12.00h ao pé do Teatro Rosalía de Castro.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra