Cartaz Lomce: En galego sen límites

En galego sen límites. Non aos recortes ao galego. Asina

As modificacións introducidas coa LOMCE na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da lingua galega por riba da que xa vén sufrindo por mor do Decreto 79/2010 de plurilingüismo. A aplicación da LOMCE ten como consecuencia nefasta que o alumnado de ESO teña 31 horas de docencia en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e  21, se cursa ensinanzas académicas. É dicir, o alumnado recibe 13 horas menos de docencia en galego ca en español na modalidade de ensinanzas aplicadas e 10 menos nas académicas, no conxunto da ESO. Son datos que se suman á redución da presenza do noso idioma nas aulas por causa do Decreto 79/2010: ausencia de medidas destinadas á inmersión na nosa lingua na educación infantil en contornos castelán falantes, redución do uso vehicular do galego a un terzo ou menos dun terzo nos centros plurilingües, prohibición do uso do galego nas materias técnicas que teñen a función de connotar positivamente o uso da nosa lingua, ausencia de concreción das materias e dos módulos que deben ser impartidos en galego en niveis como EPA ou FP, etc.; medidas absolutamente desaconselladas por persoas expertas e moi eficaces para restar falantes ao noso idioma.

Esta é a realidade, non a que nos pretenden trasladar facéndonos crer que estamos nunha situación de normalidade. A nosa lingua está oprimida por unha lexislación que lle impide respirar e que a afoga cada día máis. O lingua galega precisa espazo e hoxe máis que nunca necesita que o ámbito educativo aposte decididamente pola normalización plena, pois é xa a única ferramenta que pode impedir que o noso idioma se vexa cada día máis reducido por uns usos sociais que non lle dan ningunha oportunidade. Se na rúa, no comercio, no ocio, nos medios de comunicación, no cine, na prensa ou na televisión o alumnado non atopa referencias para poder desenvolverse en galego, a escola ten que darlle esa ferramenta e ten que garantir que o día de mañá sigan sendo galegas e galegos e iso só pode ser posíbel se falan galego. Porque a lingua é o que nos identifica, sen ela, como dixo Manuel María, non somos ninguén.

Unha política lingüística verdadeira, que realmente queira garantir a pervivencia da nosa lingua, só pode propor, hoxe por hoxe, que o ensino sexa en galego. Será o único medio de construír o seu futuro.

Por iso propomos que se elabore un novo decreto que aposte polo ensino en galego, sen escusas nin subterfuxios, e que a Consellaría demostre un compromiso coa nosa lingua adoptando a primeira medida que redundaría no incremento do seu uso: a derrogación inmediata do Decreto de plurilingüismo.

689 apoios para esta campaña.

  1. Luís González Rodríguez · 1318
    Hai 6 anos · Profesor Universidade · Vigo
  2. Ramón Antonio Iglesias Ferreiro · 1317
    Hai 6 anos · A Coruña
  3. Narsés Mira García · 1316
    Hai 6 anos · Autónomo · Ferrol
  4. Francisco González Lousada · 1315
    Hai 6 anos · Ensinante · A Coruña
  5. Sofía Iglesias Cimadevila · 1314
    Hai 6 anos · Artesá · Teo
  6. Ana Belen Moreda Rodriguez · 1313
    Hai 6 anos · Profesora lingua galega · Vigo
  7. Martìn Bocixa Ramos · 1312
    Hai 6 anos · comercial · A Laracha
  8. Santiago Varela Pedreiro · 1311
    Hai 6 anos · Ensinante · Ferrol
  9. Bernabé Sequeiros Pinzás · 1310
    Hai 6 anos · Camareiro en cafetaría de instituto · Baiona
  10. Xose Collazo Regueiro · 1309
    Hai 6 anos · Parado · A Laracha
  11. María Vilariño Suárez · 1308
    Hai 6 anos · Docente · A Coruña
  12. Gustavo González Milo · 1307
    Hai 6 anos · Fisioterapeuta · Pontevedra
  13. Beatriz Fernández Lemos · 1306
    Hai 6 anos · Bióloga · Vigo
  14. Inés Mosquera Calvo · 1305
    Hai 6 anos · Mestra · Padrón
  15. Fernando López Jiménez · 1304
    Hai 6 anos · Deseñador gráfico · Neda

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra