Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Alba Barcia Blanco · 7985
    Hai 3 anos · Deseñadora gráfica e de moda · Moaña
  2. Ana. T. Aldegunde Rodríguez · 7984
    Hai 3 anos · Bibliotecaria · Baiona
  3. Jorge López Penas · 7983
    Hai 3 anos · Ocio infantil · Ames
  4. Vanesa Escudero Fernández · 7982
    Hai 3 anos · Teleoperadora · Madrid
  5. Manuel Magán Abollo · 7981
    Hai 3 anos · Investigador · Santiago de Compostela
  6. Amparo seijas · 7980
    Hai 3 anos · chantada
  7. Paula Quintás López · 7979
    Hai 3 anos · Xornalista · Boimorto
  8. Xan Fernández Bello · 7978
    Hai 3 anos · Compostela
  9. Vanessa Rodríguez Basteiro · 7977
    Hai 3 anos · Mestra · Manzaneda
  10. Artur Benito · 7976
    Hai 3 anos · Comercial · Rianxo
  11. Roberto Mera Covas · 7975
    Hai 3 anos · Avogado · Ponteareas
  12. Brais Ferreiro · 7974
    Hai 3 anos · Investigador en formación · Redondela
  13. Beatriz Gontá Sobrino · 7973
    Hai 3 anos
  14. Enrique Pampin · 7972
    Hai 3 anos · Xubilado · Lira-Carnota
  15. Xosé Lois Ruiz Vicente · 7971
    Hai 3 anos · Xubilado · Gondomar

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra