Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Jorge Naveira · 8390
    Hai 3 anos · Recepcionista e Actor de Dobraxe · A Coruña
  2. Roberto Otero · 8389
    Hai 3 anos
  3. Cristina López Lobariñas · 8388
    Hai 3 anos · Mestra · Crecente
  4. Xosé Antón Pose Barreira · 8387
    Hai 3 anos · Soldador · Caldas de Reis
  5. Carme Cociña Cociña · 8386
    Hai 3 anos · Profesora · Cervo
  6. Ramón Ángel Fernández Docobo · 8385
    Hai 3 anos · Autónomo · Ribadeo
  7. Daniela Ferrández Pérez · 8384
    Hai 3 anos · Investigadora · Santiago de Compostela
  8. Xoán Xosé Constenla Novoa · 8383
    Hai 3 anos · Profesor · Caldas
  9. Francisco Rodríguez Iglesias · 8382
    Hai 3 anos · A Coruña
  10. Sara Cambeiro Vázquez · 8381
    Hai 3 anos · profesora · O Burgo - Culleredo / Caldebarcos - Carnota
  11. Antonio C. Rodríguez Penin · 8380
    Hai 3 anos · Autónomo · Vigo
  12. Francisco Gestal Vázquez · 8379
    Hai 3 anos · Estudante · Ordes
  13. Andrés del Valle Souto · 8378
    Hai 3 anos · Opositor · Compostela
  14. Miguel de Nicolás Vázquez · 8377
    Hai 3 anos · Ferrol
  15. Efrén De La Fuente Lamas · 8376
    Hai 3 anos

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra