A Coruña Noticias da Mesa

A CORUÑA.- A Mesa denuncia que o Secretario Xeral de Política Lingüística se desentende de exixirlle ao Concello da Coruña as súas obrigas en materia lingüística

O departamento de Anxo Lorenzo respondeu por escrito a un veciño que denunciaba a exclusión do uso do galego na Compañía de Tranvías da cidade que “desbota actuar”

A entidade cidadá en defensa do galego pregúntase “para que vale que exista esta Secretaría Xeral de Política Lingüística”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Segundo puido saber A Mesa, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza “desbota actuar” para exixirlle ao Concello da Coruña que inste á Compañía de Tranvías, empresa concesionaria do transporte público urbano da cidade, a non seguir excluindo a lingua galega dos seus vehículos, sinalizacións, documentos ou publicidade. Así llo comunica o titular do departamento autonómico, Anxo Lorenzo, a un veciño que pedía apoio deste organismo do goberno galego contra a discriminación da lingua propia de Galiza na concesionaria municipal.

A Mesa considera “máis que indignante” a resposta escrita de Anxo Lorenzo ao cidadán que se dirixiu a el para solicitarlle a súa intervención e acusa o titular do departamento autonómico de ser “a neglixencia feita cargo público”. A maior entidade cultural de Galiza en número de asociadas e asociados pregúntase “de que serve manter un organismo incapaz de asumir as funcións para as cales é de supor que foi creado”, entre eles o de asegurar a presenza da lingua galega en todos os ámbitos da vida pública e social de acordo co seu carácter de lingua oficial do país, e valora como “eticamente inmoral” pagar con diñeiros públicos orzamentados para a normalización lingüística “a quen nada fai por esta nin parece ter o mínimo interese en facer”.

Na comunicación remitida, a Secretaría Xeral de Política Lingüística alega a súa negativa a actuar en que xa o Valedor do Pobo ten aberto un procedemento de queixa motivado pola exclusión da lingua galega na Compañía de Tranvías e que abrir un novo suporía, en palabras do departamento dirixido por Lorenzo, “duplicar procedementos”.

A Mesa cualifica esta resposta como unha “pseudo-xustificación” e un “insulto á intelixencia” e recorda que instancias como o Valedor do Pobo ou o Defensor del Pueblo piden sinalar, cando se abre calquera procedemento de queixa, se xa existen procesos en trámite pola mesma causa perante outros organismos públicos.

Sobre a exclusión do galego por parte da Compañía de Tranvías, xa o Valedor do Pobo se dirixira ao Concello da Coruña o pasado mes de maio a partir dunha queixa veciñal instando a este a exixir da súa concesionaria que a lingua propia de Galiza non estivese excluída da súa actividade e servizos.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis