Noticias Noticias da Mesa

A Xunta exclúe o galego da formación sobre Covid-19 a centros de atención diurna de persoas maiores ou con discapacidade funcional

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Xunta exclúe o galego da formación que están obrigadas a realizar as persoas que traballan en centros de atención diurna para persoas con discapacidade funcional ou maiores, para poder retomar a súa actividade. A formación só está dispoñíbel en español e emprega expresións como “Junta de Galicia”. “Unha vez máis”, salienta o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “é a cidadanía galega a que ten que facer o esforzo de abandonar a súa lingua para poder entenderse co sistema público de saúde naquilo que respecta á Covid”.
A Mesa vén denunciando dende o pasado mes de marzo que “a atención que se nos presta aos galegos e ás galegas no noso idioma é practicamente inexistente en todo o relativo á Covid”, dando lugar a “unha grave limitación ao noso dereito fundamental a expresármonos no noso idioma coa administración autonómica”. O desprezo pola nosa lingua amósase na atención telefónica, na app do Sergas (que ofrece a información sobre o Coronavirus en castelán aínda que estea habilitada a opción en galego) e no feito de que o presidente e os cargos políticos do sistema galego de saúde prioricen o español nas súas comparecencias públicas sobre a pandemia.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis