Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. DIEGO CONDE · 8015
    Hai 4 anos · Veterinario · Oroso
  2. Cristina Rocha Novoa · 8014
    Hai 4 anos · Fotógrafa · Salvaterra de Miño
  3. Xan Carlos López Pereira · 8013
    Hai 4 anos · Axente Comercial · Ferrol
  4. Brais Fernández Fernández · 8012
    Hai 4 anos · A Fonsagrada
  5. Helena Martínez de Aspe · 8011
    Hai 4 anos · Comunicación corporativa · A Coruña
  6. Francisco Barcia · 8010
    Hai 4 anos · Turismo · Vigo
  7. Luís Pérez Barral · 8009
    Hai 4 anos · Técnico de normalización lingüística · Ribeira
  8. Christian Iglesias Campos · 8008
    Hai 4 anos · Desempregado · Carracedo
  9. Maria Pereira · 8007
    Hai 4 anos · Teleoperadora · Vigo
  10. Cristina Marey Castro · 8006
    Hai 4 anos · Tradutora · Suegos (Pol)
  11. Manuel Maria Garcia Fernandez · 8005
    Hai 4 anos · Muros
  12. Sofía Cortiñas Carballido · 8004
    Hai 4 anos · Persoal conselleria medio rural · A Coruña
  13. Ana Alvarellos Figueroa · 8003
    Hai 4 anos · Mestra de Educación Primaria · CORME PORTO
  14. SABA GONZÁLEZ LORENZO · 8002
    Hai 4 anos · CALDAS DE REIS
  15. Pablo Gómez Pérez · 8001
    Hai 4 anos · Enxeñeiro · Ourense

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra