Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Francisco Leiro Duarte · 8840
    Hai 4 anos · Enxeñeiro · Portonovo
  2. Cristian Villaverde Pico · 8839
    Hai 4 anos · Ames
  3. Xose novoa · 8838
    Hai 4 anos · Funcionario · Burela
  4. Lara Álvarez Álvarez · 8837
    Hai 4 anos · Estudante arte dramática · Chapela/ Redondela
  5. Miguel Grandío López · 8836
    Hai 4 anos · Sector audiovisual · Lugo
  6. Belen Vázquez Freire · 8835
    Hai 4 anos · Mestra · Oleiros
  7. M. Jesús Neira Picón · 8834
    Hai 4 anos · Sanitaria · Tui
  8. Marta Novoa Fraga · 8833
    Hai 4 anos · En paro · Burela
  9. Pilar Varela Rois · 8832
    Hai 4 anos
  10. Iria Fernández Silva · 8831
    Hai 4 anos · Mestra infantil · Poio
  11. Marinha Souto · 8830
    Hai 4 anos · Caixeira · COMPOSTELA
  12. Itziar Solla García · 8829
    Hai 4 anos · Mestra · Sanxenxo
  13. Silvia Gomez Coello · 8828
    Hai 4 anos · Teleoperadora · Esgos
  14. TATIANA VARELA VILLAR · 8827
    Hai 4 anos · Mestra · Cangas
  15. Abel nespereira gomez · 8826
    Hai 4 anos · Soldador · Ourense

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra