O galego: garantía de emprego en Galiza. Campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara terceiros países.

No noso caso, esta deslocalización agravouse pola exclusión do galego nas relacións comerciais: pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Só entre o ano 2010 e 2012 destruíronse no sector da teleatención en Galiza máis de 2.040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas, e ao tempo anúlasenos o dereito de sermos atendidos e entendidos na nosa lingua, que estas empresas desprezan.

Nos últimos días coñecemos outra proposta de despedimento de 205 traballadoras e traballadores na empresa Extel na Coruña, que presta servizos para Movistar. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.

Por todo isto, queremos:

1- manifestar o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Extel.

2- Reclamar a Movistar que garanta en todos os casos os postos de traballo na Coruña e por tanto  a atención en galego.

3- Transmitirlle a Movistar que no caso de non atender esta demanda, utilizaremos os servizos de calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.

182 apoios para esta campaña.

  1. Maria Cristina Hermida Moinelo · 1194
    Hai 7 anos · administrativa · vigo
  2. Xan Fernández Bello · 1193
    Hai 7 anos · Funcionario · Compostela
  3. Xosé Senén Carrón Curros · 1192
    Hai 7 anos · Teleoperador · A Coruña
  4. Carmen Figueirido · 1191
    Hai 7 anos · Teleoperadora · Vigo
  5. Lois Diéguez Vázquez · 1190
    Hai 7 anos · A Coruña
  6. María Seijas Barreiro · 1189
    Hai 7 anos · Estudante · Boqueixón
  7. Lucia Buela Fungueiriño · 1188
    Hai 7 anos · Taragoña (Rianxo)
  8. Manuel Rodiño Fernández · 1187
    Hai 7 anos · Desempregado · Teo
  9. Lucía Cernadas Varela · 1186
    Hai 7 anos · Estudante · Cecebre
  10. Montserrat Porteiro Sanchez · 1185
    Hai 7 anos · Enfermeira · Barreiros
  11. Tebra Rodríguez Hermida · 1184
    Hai 7 anos · Educadora Social · Vigo
  12. Xulia Nogueiras · 1183
    Hai 7 anos · Estudante · Ourense
  13. Noela Broz · 1182
    Hai 7 anos · Autónoma · Melide
  14. Antonio Sánchez Miragaya · 1181
    Hai 7 anos · Administrativo · GUITIRIZ
  15. Pablo Queiruga Castro · 1180
    Hai 7 anos · Estudante · bertamiráns

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra