O galego: garantía de emprego en Galiza. Campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara terceiros países.

No noso caso, esta deslocalización agravouse pola exclusión do galego nas relacións comerciais: pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Só entre o ano 2010 e 2012 destruíronse no sector da teleatención en Galiza máis de 2.040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas, e ao tempo anúlasenos o dereito de sermos atendidos e entendidos na nosa lingua, que estas empresas desprezan.

Nos últimos días coñecemos outra proposta de despedimento de 205 traballadoras e traballadores na empresa Extel na Coruña, que presta servizos para Movistar. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.

Por todo isto, queremos:

1- manifestar o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Extel.

2- Reclamar a Movistar que garanta en todos os casos os postos de traballo na Coruña e por tanto  a atención en galego.

3- Transmitirlle a Movistar que no caso de non atender esta demanda, utilizaremos os servizos de calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.

182 apoios para esta campaña.

  1. Alberte Martínez · 1209
    Hai 7 anos · profesor · Oleiros
  2. Xosé Pérez González · 1208
    Hai 7 anos · Mestre · PONTEVEDRA
  3. Jose LuisAlvarez Salgado · 1207
    Hai 7 anos · Empregadode Telefónica · Vilalonga (Sanxenxo)
  4. Ana isabel vila garcia · 1206
    Hai 7 anos · Mestra · Ames
  5. Bráulio Amaro · 1205
    Hai 7 anos · profesor · Vigo
  6. Marisol González González · 1204
    Hai 7 anos · Persoal laboral · Viana do Bolo
  7. Marta Fernández · 1203
    Hai 7 anos · Telemarketing · A Coruña
  8. Valentin Pereira Mouriño · 1202
    Hai 7 anos · Mantemento · Salceda de Caselas
  9. Isabel Vaquero Quintela · 1201
    Hai 7 anos · Concelleira de comunicación e normalización lingüística de Ames · Ames
  10. Ruben Estramil Varela · 1200
    Hai 7 anos · quimico · Carballo
  11. Martìn Bocixa Ramos · 1199
    Hai 7 anos · Comercial · A Laracha
  12. fuensanta nieto martinez · 1198
    Hai 7 anos · administrativa · compostela
  13. Marta Ferreiro · 1197
    Hai 7 anos · Docente · Vilagarcia de Arousa
  14. Marcos Figueiras Pose · 1196
    Hai 7 anos · Técnico · Lliber
  15. Agustin Rivas Dominguez · 1195
    Hai 7 anos · Pensionista · Fisterra

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra