Bergantiños Campañas Manifestos

Manifesto: Queremos galego na administración local en Cee

MANIFESTO QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE

 

Gonzalo López Abente, sobranceiro escritor e académico muxián, traballador da banca «depurado» polos franquistas polo seu galeguismo, foi quen de reivindicar a defensa do uso da nosa lingua aínda en pleno vigor do réxime, cando o 27 de xullo do 1941 pronuncia en galego o seu discurso de entrada como membro numerario na Real Academia Galega (RAG) no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, co título A Terra e a poesía de Eduardo Pondal. Nun dos seus parágrafos sobre o uso da nosa lingua afirma:

«Non usala nesta hora adicada á sua recordanza non sería doado, mais ben sería un pecado cometido contra o Bardo e contra a terra en que se erguéu altivo e sonoroso como un pino lanzal. (…) que non caia sobre nós a sua condenación cando excrama irado:

A lingua tiveran,

por lingua de escravos;

esqueceran os patrios acentos,

suidosos e brandos,

dos propios acentos,

tiveran vergonza

Gonzalo López Abente aínda conservaba o espírito das Irmandades da Fala (1916), entidades das que axiña imos conmemorar o seu centenario, que naceran para visibilizar a nosa lingua en todas as vilas e cidades galegas, na procura de novos ámbitos de prestixio, de socialización e de uso.

A día de hoxe existen outros colectivos e persoas (dos propios acentos, / tiveran vergonza) que se encabuxan en lle poñer atrancos aos temesiños avances da nosa lingua, como é o caso de quen pretende frear unha ordenanza que pretende a normalización do galego no concello de Cee e para iso fan uso de cativos e trapalleiros argumentos sobre a suposta marxinación do castelán.

Unha ordenanza que só pretende favorecer actitudes positivas a prol da normalidade no uso da lingua galega, que os máis recentes inquéritos oficiais sinalan en constante devalo no seu uso, por mor da ausencia de medidas e de políticas de protección.

De pouco serve que todos os partidos  con representación parlamentaria asinasen unha Declaración de Unidade a prol da normalización da lingua galega, na que se insta a votar a favor do impulso mínimo á nosa lingua galega para desenvolver disposicións legais como a Lei de Normalización Lingüística, a Carta Europea das Linguas, a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, ou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL), que se aprobou por unanimidade no Parlamento galego.

De pouco serve se isto non vai acompañado de políticas activas, que promovan o empoderamento da lingua galega, para a converter en lingua de comunicación habitual na administración e nos servizos públicos, na educación, na sanidade, na xustiza, nos medios de comunicación, no comercio, na industria ou en calquera ámbito.

Hai que darlle a volta ao menosprezo de quen queren coutar a nosa lingua máis unha vez ao ámbito coloquial e familiar, coma acontecía no franquismo, e para iso cómpre defendermos os dereitos lingüísticos con lexislación como a proposta para a súa aprobación no concello de Cee e, despois, con medidas activas e orzamentos axeitados para facermos do galego un idioma natural na súa comunidade de falantes.

Caso contrario, han continuar os prexuízos sobre o uso da nosa lingua que están a favorecer a perda da súa transmisión interxeracional e, como consecuencia, a desgaleguización dunha parte da nosa mocidade e da sociedade no seu conxunto.

Como xa ben dicía Gonzalo López Abente, nun artigo publicado na revista Nerio (Corcubión, 1921): «A fala nai, abafada moitas veces por fillos desleigados, e esquecida as máis, por fillos inconscentes; uns e outros desexosos, ao parecer, de dar terra á vella que aínda gusta das tradicións e do arrescendor das mazáns gardadiñas nas lacenas, antre a roupa branca».

QUEREMOS GALEGO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE CEE!

Promoven este manifesto:

Miro Villar. Escritor e autor do texto do manifesto.

Xoán B. Alborés Tajes. Arquitecto.

Suso Bahamonde Trillo. Escritor

Concha Blanco. Escritora

Francisco Caamaño Domínguez. Catedrático de Dereito Constitucional UV.

Martín Caamaño Santamaría. Delegado persoal Carrefour Cee.

Manuel Calo Canosa. Técnico de Deportes

María Canosa Blanco. Enxeñeira de camiños, canais e portos.

Antonio Casais Domínguez. Actor

Joaquín Casais Louro. Presidente Comité de empresa Stolt Sea Farm

Fernando Castro Ezara. Delegado sindical Ferroatlántica

Ubaldo Cerqueiro. Editor xornal dixital Que pasa na costa (quepasanacosta.gal)

Mª Carmen Díaz Freire. Concelleira de Deportes Cee

Fátima Domínguez Louro. Expresidenta AC Pedras Miudas.

Serxio Domínguez Louro. Concelleiro BNG- Cee.

Inés Fraga. Xerenta de Cabanas de Lires.

Modesto Fraga. Escritor

José García Andrade. Presidente comité persoal laboral concello de Cee

Francisco Hermida Abelleira. Xornalista.

Serxio Iglesias. Profesor secundaria

Xosé Iglesias Lamela. Mariñeiro e escritor

María Lado Lariño. Escritora

Xosé Mª Lema Suárez. Historiador

Alexandre López Romero. Reponsábel da Mesa pola NormalizaciónLingüísitica- Costa da Morte

Ana Lestón Gallardo. Delegada persoal de Cee área sanitaria da Coruña.

José García Andrade. Presidente comité persoal laboral Concello de Cee

Braulio Montero Pampín. Presidente AC Pedras Miudas

Rafael Mouzo Lago. Mestre xubilado

Alfonso Mouzo Trillo. Delegado persoal Ferroatlántica Cee/Dumbría/Central

Alba Nogueira López. Profesora Dereito administrativo USC

Iolanda Otero Barroso. Xornalista

Beatriz Pérez Cañizo. Arquitecta

Pedro Pérez Traba. Delegado persoal Ferroatlántica Cee/Dumbría/Central

Mercedes Rodríguez Fraga. Técnica Normalización Cee

Viki Rivadulla. Pintora

Henrique Rivadulla Corcón. Escritor.

Xavier Santos Canosa. Secretario Unión Local CIG- Cee

Francisco Souto. Escritor

Artur Trillo Sendón. Actor e dramaturgo.

Miguel Vázquez Freire. Filósofo

José Vieites Ferreiro. Secretario comité persoal laboral concello de Cee

Manuel Vilar Álvarez. Historiador

Rafa Villar. Escritor.

 

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Deixar o teu apoio a esta campaña

XHTML: Podes usar as seguintes etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

[294] apoios para “Manifesto: Queremos galego na administración local en Cee”

  1. Xerman Lustres / Ferrol / Xubilado [hai 2 anos / cód:5237 ]

  2. Gema Lara / Cornellà de Llobregat [hai 3 anos / cód:3819 ]

  3. Víctor Ézara Trillo / A Ameixenda [hai 3 anos / cód:3818 ]

  4. María Asunción Fernández Lorenzo / A Guarda [hai 3 anos / cód:3817 ]

  5. Pablo Xosé Ans / A Coruña / Aparellador [hai 4 anos / cód:1997 ]

  6. Lucía Suárez Fraga / Santiago de Compostela [hai 5 anos / cód:1868 ]

  7. Andrés Vázquez García / Chantada / Estudante [hai 5 anos / cód:800 ]

  8. Juan Félix Neira Pérez / Ponteceso [hai 6 anos / cód:628 ]

  9. Esther Gonzalez de Paz / CEE / promocion [hai 6 anos / cód:616 ]

  10. Xavier Rodríguez Barrio / Lugo / Escritor e Coordinador de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo. [hai 6 anos / cód:572 ]

  11. maribel longueira mira / A Coruña / fotografa e xestora cultural [hai 6 anos / cód:571 ]

  12. Edita Lucía Cambeiro López / CEE / Administrativa [hai 6 anos / cód:570 ]

  13. Xosé Lois López Zubiela / Elx / PAS Univ. Miguel Hernández [hai 6 anos / cód:569 ]

  14. Antón Cortizas Amado / Ferrol / Escritor [hai 6 anos / cód:568 ]

  15. Fredi Santalha / cee / Parado [hai 6 anos / cód:567 ]

  16. Ramón Gándara Martínez / Fene / Mestre [hai 6 anos / cód:566 ]

  17. Baldomero Iglesias Dobarrio / Mesía / xubilado do ensino [hai 6 anos / cód:565 ]

  18. Esperanza Mariño Davila / Compostela / Profesora [hai 6 anos / cód:564 ]

  19. xosé vázquez pintor / cangas do morrazo / escritor [hai 6 anos / cód:563 ]

  20. Eulalia Agrelo / Asados-Rianxo / Docente e investigadora [hai 6 anos / cód:561 ]

  21. Xosé Antón Núñez Álvarez / Lugo / Mestre e escritor afeccionado [hai 6 anos / cód:560 ]

  22. Luís Garcia Soto / A Coruña / Profesor [hai 6 anos / cód:558 ]

  23. Manuel Cabada Castro / profesor universitario [hai 6 anos / cód:557 ]

  24. Francisco Alvarez Koki / A Guarda / escritor [hai 6 anos / cód:556 ]

  25. Manuel Jacobo González Outes / A Coruña / Escritor [hai 6 anos / cód:555 ]

  26. Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) / A Coruña / Asociación [hai 6 anos / cód:554 ]

  27. Uxío Formoso López / Muros [hai 6 anos / cód:553 ]

  28. Samuel Castro Juíz / Cee [hai 6 anos / cód:552 ]

  29. Xulio Pérez Pérez / Saantiago / Profesor Bioloxía ensino secundario [hai 6 anos / cód:551 ]

  30. Lucía Vecino Souto / Ponteceso / Estudante [hai 6 anos / cód:550 ]

  31. elena rodriguez trillo / brens / cuidadora [hai 6 anos / cód:549 ]

  32. Rafael García Bouzas / Corcubión / Camionero [hai 6 anos / cód:548 ]

  33. Organizacion feminista Buserana / Cee / Loita feminista [hai 6 anos / cód:547 ]

  34. Teresa Cabello de la Torre / Lugo / Ensinante (xubilada) [hai 6 anos / cód:546 ]

  35. Teresa López Farelo / Becerreá / mestra [hai 6 anos / cód:545 ]

  36. Anabel Piñeiro Agulleiro / Cee / Ex-concelleira do PSdG-PSOE en Cee [hai 6 anos / cód:544 ]

  37. Eloi Rodríguez Rodríguez / A Coruña / Profesor [hai 6 anos / cód:543 ]

  38. Francisco Xosé Candia Durán / Lugo / Profesor [hai 6 anos / cód:542 ]

  39. Manuel Esperante Ces / BOIRO / Xubilado [hai 6 anos / cód:541 ]

  40. fernando fraga traba / cee / musico [hai 6 anos / cód:540 ]

  41. Guadalupe Díaz Blanco / Cee [hai 6 anos / cód:539 ]

  42. MªPurificación Martínez Bouzas / Fisterra [hai 6 anos / cód:538 ]

  43. Silvia Santamaría Canosa / Cee [hai 6 anos / cód:537 ]

  44. Encarna Costas García / Corcubión / Profesora [hai 6 anos / cód:536 ]

  45. José Alberte Corral Iglesias / Corunha / Economista [hai 6 anos / cód:535 ]

  46. Miguel R. Fervenza / Moaña [hai 6 anos / cód:534 ]

  47. David González Iglesias / Santiago de Compostela / xornalista [hai 6 anos / cód:533 ]

  48. Elena Ramos Garea / Cee / XORNALISTA [hai 6 anos / cód:532 ]

  49. Sabela Ramos Garea / Zurich / Investigadora [hai 6 anos / cód:531 ]

  50. Olga Maceira Figueira / santiago de compostela [hai 6 anos / cód:530 ]

  51. Andrés Ramos Rey / Cee / Mestre [hai 6 anos / cód:529 ]

  52. Isabel Garea Rodríguez / Cee / Profesora [hai 6 anos / cód:528 ]

  53. Amparo Cereixo Silva / Rois / Profesora [hai 6 anos / cód:527 ]

  54. Jakson Renner Rodrigues Soares / Santiago de Compostela / PDI na UDC [hai 6 anos / cód:526 ]

  55. Iria Fernández Vila / Compostela [hai 6 anos / cód:525 ]

  56. Manuel Cortés Tallón / Vedra / Actor, escritor [hai 6 anos / cód:524 ]

  57. Nin Calvo / Corcubión / Restauradora [hai 6 anos / cód:523 ]

  58. Xosé Cañizo Martínez / Cee / Mestre [hai 6 anos / cód:522 ]

  59. Maribel Lado García / Cee / Profesora [hai 6 anos / cód:521 ]

  60. Antia Cortiças Leira / Ferrol / Docente de português [hai 6 anos / cód:520 ]

  61. xavier Queipo / Bruxelas / Escritor [hai 6 anos / cód:519 ]

  62. Xabier Castro Martínez / Santiago de Compostela / Director Centro PEN Galicia [hai 6 anos / cód:518 ]

  63. Luís González Tosar / Santiago de Compostela / Escritor, presidente Centro PEN Galicia e Fundación Insua dos Poetas [hai 6 anos / cód:517 ]

  64. Cristina Fraga / Lires-Cee [hai 6 anos / cód:516 ]

  65. Xaime Trillo / Dumbría / Escritor [hai 6 anos / cód:515 ]

  66. Ignacio Portela Gómez-Macías / Taboada / profesor [hai 6 anos / cód:514 ]

  67. Nieves García Centeno / Cee / Xornalista [hai 6 anos / cód:513 ]

  68. Evaristo Trillo Sambade / Ameixenda [hai 6 anos / cód:512 ]

  69. Chus Mouzo Trillo / Cee [hai 6 anos / cód:511 ]

  70. Nela Abella / Ribeira / mestra [hai 6 anos / cód:510 ]

  71. paco / Corcoesto / Bombeiro [hai 6 anos / cód:509 ]

  72. Luisa Gerpe García / Muxía / Mestra [hai 6 anos / cód:508 ]

  73. TOMÁS LAGO FREIRE / MEREXO (Muxía) / persoal laboral da AGE [hai 6 anos / cód:507 ]

  74. MANUEL GONZÁLEZ PRIETO / COMPOSTELA / GUÍA EN CASA-MUSEO [hai 6 anos / cód:506 ]

  75. Victor Fernández González / Vigo / mestre [hai 6 anos / cód:505 ]

  76. Albina Blanco Castro / Santiago de Compostela [hai 6 anos / cód:504 ]

  77. Carmen Trillo Sendón / Santiago de Compostela [hai 6 anos / cód:503 ]

  78. Paz, Peña Ruiz-Capillas / Vigo / Profesora secundaria [hai 6 anos / cód:502 ]

  79. Xosefina Rosa Guitián Lema / Vedra / Empregada pública [hai 6 anos / cód:501 ]

  80. Asunción Camaño Fandiño / CANGAS / empregada pública [hai 6 anos / cód:500 ]

  81. Mª Teresa García Domínguez / Corcubión / Documentalista [hai 6 anos / cód:499 ]

  82. Saleta Ameixeiras / Vimianzo / Enxeñeira de Montes [hai 6 anos / cód:498 ]

  83. Agustín Fernández Paz / Vigo / Ensinante xubilado e Escritor [hai 6 anos / cód:497 ]

  84. Fernando Torreiro González / A Coruña / Profesor secundaria [hai 6 anos / cód:496 ]

  85. María Xesús Pazo Blanco / A Coruña / Mestra [hai 6 anos / cód:495 ]

  86. Eduardo Noia Fernández / Muxía / Mestre [hai 6 anos / cód:494 ]

  87. Manuel Figueiras Fernández / Chantada / Profesor [hai 6 anos / cód:493 ]

  88. Mercedes Espiño / Compostela / Profesora de Secundaria [hai 6 anos / cód:492 ]

  89. Carlos Rodríguez Pérea / Oroso / Profesor [hai 6 anos / cód:491 ]

  90. Xosé Maria Álvarez Cáccamo / Vilaboa / Escritor [hai 6 anos / cód:490 ]

  91. Susana Méndez Rodríguez / Teo / Secretaria Xeral da Mesa pola Normalización Lingüística [hai 6 anos / cód:489 ]

  92. Carolina Pérez Capelo / Dumbría / Filóloga [hai 6 anos / cód:488 ]

  93. Xabier Puente DoCampo / A Coruña / Escritor [hai 6 anos / cód:487 ]

  94. María Pérez Capelo / Dumbría / Estudante [hai 6 anos / cód:486 ]

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis