XUNTA DE GALIZA: QUEREMOS LEXENDAXE E DOBRAXE EN GALEGO DOS FILMES E SERIES QUE OFERTAN AS PLATAFORMAS DIXITAIS

61.555,37 € ao ano nun acordo a 3 anos por un total 184.666,13 €. Este é o custo que ten para os gobernos vasco e catalán que na actualidade as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendaxe nas súas linguas. Ademais o acordo permite que, após un ano de exclusividade de emisión de Movistar+, estes contidos poidan ser xestionados polos gobernos catalán e vasco.

E o galego? En 2018 Movistar+ manifestou nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística a súa vontade de incorporar o galego. Porén, non hai polo de agora nada que indique que o vaian facer mentres o goberno galego non se implique para dispormos de dobraxe e lexendado en galego nas plataformas de televisión dixital.

Pola contra, a Xunta exclúe a presenza do galego ao non participar de acordos que favorecerían a opción de galego nos lexendados de filmes e series e, ademais, reduce cada ano a execución do orzamento para a dobraxe e non permite que os filmes xa dobrados se atopen dispoñíbeis no mercado.

A Xunta de Galiza debe favorecer a oferta de galego, o dereito ao acceso a contidos audiovisuais en condicións semellantes a outras linguas oficiais e cumprir coa obriga sinalada no artigo 20.1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983 de fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

Por isto reclamamos:

  • Acordo da Xunta con Movistar+ para a lexendaxe dos filmes e series.
  • Acordos da Xunta coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendaxe en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG.
  • Dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

1639 apoios para esta campaña.

  1. César Lourido Landín · 5787
    Hai 4 anos · Desempregado · O Porriño
  2. Francisco José Pérez Pérez · 5786
    Hai 4 anos · Estudante · Santiago de Compostela
  3. Margarita Fernández Álvarez · 5785
    Hai 4 anos · Profesora · Ames
  4. Gustavo Benavides Vila · 5784
    Hai 4 anos
  5. Anxo Terán · 5783
    Hai 4 anos · Ensinante · Coruxo
  6. Carme Romero Rodríguez · 5782
    Hai 4 anos · Ensino · Santiago
  7. Pedro Pereira · 5781
    Hai 4 anos · O Porriño
  8. Carlos Estevez Rodriguez · 5780
    Hai 4 anos · Sector privado · A Estrada
  9. Noemí Arias Mangana · 5779
    Hai 4 anos · Mestra · Vigo
  10. Enrique Santamarina · 5778
    Hai 4 anos · Xubilado · A Coruña
  11. Fernando Torreiro González · 5777
    Hai 4 anos · PENSIONADO · A Coruña
  12. Noelia Allo Rodríguez · 5776
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  13. Pablo Monroy Romero · 5775
    Hai 4 anos · Deseñador · Vigo
  14. Diego Bará Louro · 5774
    Hai 4 anos · Estudante · Pontevedra
  15. David Martinez Barros · 5773
    Hai 4 anos · Nespereira

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra