Caixa de nomes

A · B · C · D · E · F · G · H · I · L · M · N · O · P · Q · R · S · T · U · V · X · Z ·

G

Gabina

Latín: Da cidade de Gabio, no Lacio. (castelán: Gabina)

Gabino

Latín: Da cidade de Gabio, no Lacio. (castelán: Gabino)

Gabriel

Hebreo: Home de Deus, forza de Deus. (castelán: Gabriel)

Gabriela

Hebreo: Forza de Deus. (castelán: Gabriela)

Gala

Xermánico: Muller da tribo dos galos, da Gallia. (castelán: Gala)

Galo

Latín: Poderío.//Xermánico: Home da tribo dos Galos, da Gallia. (castelán: Galo)

Galván

Bretón: O que naceu feliz ou contento. (castelán: Galván)

Gaspar, Gasparo

Persa: Administrador do tesouro. (castelán: Gaspar)

Gaspara

Persa: Administradora do tesouro. (castelán: Gaspara)

Gastón

Xermánico: Estranxeiro, inimigo. (castelán: Gastón)

Gaudencio

Latín: Gozar, estar alegre, sentir pracer. (castelán: Gaudencio)

Glauca

Grego: Verde, da cor do mar. (castelán: Glauca)

Glauco

Grego: Verde, da cor do mar. (castelán: Glauco)

Glicera

Grego: Doce. (castelán: Glicera)

Gloria

Latín: Fama, sona. (castelán: Gloria)

Godofredo

Xermánico: Amizade de Deus, pacto con Deus. (castelán: Godofredo)

Gonzalo

Xermánico: Home disposto para a loita. (castelán: Gonzalo)

Gorecho

Grego: Vixiante.

Goretti

Italiano: Apelido dunha santa italiana, chamada María. (castelán: Goretti)

Gracia

Latín: Graza, encanto, don. (castelán: Gracia)

Gracián

Latín: Cheo de graza. (castelán: Gracián, Graciano)

Graciela

Latín: Grata, agradábel. (castelán: Graciela)

Gregoria

Grego: Vixiante, esperta. (castelán: Gregoria)

Gregorio

Grego: Vixiante, esperto. (castelán: Gregorio)

Griselda

Xermánico: Ilustre batalla. (castelán: Griselda)

Guadalupe

Árabe: Rio de croios negros. (castelán: Guadalupe)

Gualteria

Xermánico: A que manda o pobo na guerra.

Gualterio

Xermánico: O que manda o pobo na guerra.

Gúdula

Xermánico: Deusa, batalla. (castelán: Gúdula)

Güendolina

Bretón: Branca. (castelán: Gundelina, Güendolina)

Guía

Xermánico: Persoa que guía, que conduce, escolta. (castelán: Guía)

Guido

Xermánico: Leño, floresta, vital. (castelán: Guido)

Guillén

Xermánico: Elmo protector. (castelán: Ver Guillerme)

Guillerme

Xermánico: Elmo protector. (castelán: Guillermo)

Guillermina

Xermánico: Elmo protector. (castelán: Guillermina)

Guiomar

Xermánico: Muller ilustre, combate ilustre. (castelán: Guiomar)

Gumersinda

Xermánico: Muller forte. (castelán: Gumersinda)

Gumersindo

Xermánico: Home forte. (castelán: Gumersindo)

Gundar

Xermánico: Loitador forte. (castelán: Gunter, Guntero)

Gustavo

Xermánico: Cetro do rei, báculo dos Godos. (castelán: Gustavo)

Guterre

Xermánico: Que goberna o exército. (castelán: Gutierre)




Últimas noticias

Noticias

App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

Arrinca a segunda fase da “Iniciativa Xabarín” para garantir a presenza do equitativa do galego na programación audiovisual do Estado español

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a campaña Queremos galego no audiovisual que pide que se garanta a mesma porcentaxe mínima de contidos na nosa lingua que en castelán, tanto en TVE como nas plataformas dixitais como Netflix, HBO, Disney+ ou Prime Video Compostela, 15 de xullo de 2021.

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais de Turismo Rías Baixas

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia o uso exclusivo do castelán nas redes sociais do departamento de turismo da Deputación de Pontevedra (Turismo Rías Baixas), recordando que tanto o Estatuto de autonomía de Galiza como a Lei de normalización lingüística e a Lei de administración local de Galiza protexen o uso da nosa lingua por […]

Ler máis
Noticias Noticias da Mesa

A Mesa insta á SXPL a aclarar os criterios de avaliación das probas CELGA

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de trasladarlle por carta ao Secretario Xeral de Política Lingüística que, segundo as queixas recibidas a través da Liña do Galego e o Observatorio de Dereitos Lingüísticos, o profesorado que avalía as probas CELGA 4 foi informado de que se decidiu non ter en conta na avaliación das mesmas […]

Ler máis
Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis