A súa constitución produciuse con antelación ao Día das Letras Galegas por mala conciencia do PP de Ferrol logo de múltiples ataques ao galego
A Mesa demanda do PP que a cultura e a lingua propias sexan factores de impulso económico e creación de emprego
Ferrol, 07 de setembro de 2012.- A Mesa pola Normalización Lingüística critica que logo de tardar un ano en constituír o Consello Municipal da Lingua de Ferrol, agora o PP leve 4 meses sen convocar unha xuntanza.
O responsábel comarcal da Mesa, Carlos Outeiro, denuncia qua a situación de parálise é tal que desde Alcaldía nin sequera contestan ás reiteradas solicitudes de coñecer a proposta do PP para a composición do CML. A día de hoxe nin se coñecen os definitivos integrantes deste CM
O PP é consciente do inxusto e impopular que son os ataques ao noso principal sinal de identidade colectiva, o galego, polo que nas proximidades do Día das Letras Galegas formalizou a creación do CML. Mais é a pequenos sectores contrarios ao normal proceso de normalización do galego aos que prefire contentar paralizando este órgano de participación social.
A organización cidadá en defensa da lingua demanda que o PP deixe de gobernar de costas aos intereses da sociedade sumándose ao contexto estatal e europeo no que cada pobo pon en valor a cultura e lingua de seu como factores de impulso económico e xeradores de emprego.