A Mesa pola Normalización Lingüística

Presentación no Barco de Valdeorras de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

O 23 de xaneiro ás 20 h na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán

A Mesa de Valdeorras organiza a presentación, esta segunda feira (luns) 23 de xaneiro, do manual Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. O evento desenvolverase desde as 20 h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.

Nesta obra, escrita por Carlos Callón, achéganse consellos para podermos avanzar no uso do galego nos diferentes ámbitos do noso día a día. Como defenderes os teus dereitos lingüísticos obtivo, ademais, o premio Redelibros á mellor obra de non ficción en galego do ano 2011.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra