XUNTA DE GALIZA: QUEREMOS LEXENDAXE E DOBRAXE EN GALEGO DOS FILMES E SERIES QUE OFERTAN AS PLATAFORMAS DIXITAIS

61.555,37 € ao ano nun acordo a 3 anos por un total 184.666,13 €. Este é o custo que ten para os gobernos vasco e catalán que na actualidade as series e filmes que emite Movistar+ teñan lexendaxe nas súas linguas. Ademais o acordo permite que, após un ano de exclusividade de emisión de Movistar+, estes contidos poidan ser xestionados polos gobernos catalán e vasco.

E o galego? En 2018 Movistar+ manifestou nunha resposta á Mesa pola Normalización Lingüística a súa vontade de incorporar o galego. Porén, non hai polo de agora nada que indique que o vaian facer mentres o goberno galego non se implique para dispormos de dobraxe e lexendado en galego nas plataformas de televisión dixital.

Pola contra, a Xunta exclúe a presenza do galego ao non participar de acordos que favorecerían a opción de galego nos lexendados de filmes e series e, ademais, reduce cada ano a execución do orzamento para a dobraxe e non permite que os filmes xa dobrados se atopen dispoñíbeis no mercado.

A Xunta de Galiza debe favorecer a oferta de galego, o dereito ao acceso a contidos audiovisuais en condicións semellantes a outras linguas oficiais e cumprir coa obriga sinalada no artigo 20.1 da Lei de Normalización Lingüística de 1983 de fomentar a produción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

Por isto reclamamos:

  • Acordo da Xunta con Movistar+ para a lexendaxe dos filmes e series.
  • Acordos da Xunta coas principais plataformas dixitais para a incoporación de lexendaxe en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG.
  • Dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

1639 apoios para esta campaña.

  1. Xose Ramon Branco Sueiro · 7304
    Hai 4 anos · Médico · Moraña
  2. Antonia María Villarino Fernández · 7303
    Hai 4 anos · Rubí (Barcelona)
  3. Iñaki Dueñas Otero · 7302
    Hai 4 anos · Estudante · Pontevedra
  4. Ramiro Padín Bugallo · 7296
    Hai 4 anos · Enxeñeiro · Cambre
  5. Paulino · 7295
    Hai 4 anos · Xubilado · Vilasantar
  6. Maria nadia Rodríguez Barreiro · 7294
    Hai 4 anos · Santiago de Compostela
  7. Miguel González Szamocki · 7293
    Hai 4 anos · Actor/docente · Teo
  8. Paulo Bustelo Codesido · 7292
    Hai 4 anos · Enxeñeiro Informático · Santiago de Compostela
  9. Patricia Herráez Sánchez · 7291
    Hai 4 anos · Traballadora Social · Compostela
  10. Maria del mar varela lamas · 7286
    Hai 4 anos · O irixo
  11. Xurxo Breogán COSTA LÓPEZ · 7282
    Hai 4 anos · Enxeñeiro Informático · O Irixo
  12. Pablo Fernández Ans · 7278
    Hai 4 anos · Aparellador · A Coruña
  13. Xoàn Daniel Rosales Rivas · 7277
    Hai 4 anos · Forestal · Marin
  14. Ruth Boente · 7270
    Hai 4 anos · Camareira · Ponteareas
  15. Asier Arakama · 7269
    Hai 4 anos · Beasain

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra